mensaxe

Aprendimos a voar como os paxaros e a nadar como os peixes pero aínda non aprendimos a sinxela arte de vivir como irmáns. (Martin Luther King)

martes, 23 de febreiro de 2016

¡ÚLTIMAS NOTICIAS!

Velaquí a miña aportación con esta aplicación tan divertida e sorprendente, polo menos para min.



luns, 22 de febreiro de 2016

Para ser profesora hoxe

 Ingredientes:


  • Abondo coñecemento
  • Moita, moita, pero moita pedagoxía
  • Kilo e medio de ilusión
  • Unha libra de psicoloxía
  • Cuarterón de paciencia
  • Unha presa de investigación/innovación
  • Boas dotes de guía
  • Nunca en posesión da verdade absoluta
  • Sempre mente aberta
  • Unha pisca de agarimo

          Mistúrase todo sen esquecer ningún dos ingredientes.
        Interesante a reflexión do profesor de Español/Lingua Estranxeira José Ramón que mantén un ben nutrido blog de contidos de alto valor pedagóxico. Neste caso realizou uns acertados e divertidos apuntamentos sobre "Que es un profesor".
     Igualmente de interese pode resultar consultar e meditar sobre este gráfico elaborado para representar os motivos que levan a elección profesional da docencia, segundo as respostas de estudantes que se preparaban para ser docentes de Primaria e Secundaria.
Fonte: International Journal of Educational Research. Enero, 2014 segundo referencia pubicada polo INNE (Instituto Nacional de Evaluación Educativa).
     Tamén vos deixo o enlace a un blog que considero ben fermoso, e cun título ben expresivo Más de cien razones, (1) no que se aúnan textos de docentes de todos os niveis educativos que expresan os motivos polos que se fixeron profes así como textos de persoas non docentes pero que queren expresar razóns polas que cren que deben existir os profesores e profesoras.
(1): O blog "Más de cien razones" foi creado e promovido polo Museo Pedagóxico de Aragón, quen, ademais, chegou a publicar un libro recopilando todas as entradas que se deron no mesmo, baixo o título "Maestros en el caleidoscopio".